Área metropolitana

Pereiro terá o 24 de xuño unha nova edición do seu Día da Bici

Haberá agasallos para todos os participantes, e ao remate sortearanse diferentes obsequios e unha bicicleta. Na Praza do Concello haberá ese día xogos para os máis pequenos

O Concello de Pereiro de Aguiar organizará un ano máis o Día da Bici, que se celebrará o vindeiro 24 de xuño. Trátase da undécima edición deste evento, no que poden participar adultos, mozos, e nenos  acompañados por un adulto. A

s incricións nesta actividade estarán abertas ata o 21 de xuño na biblioteca municipal. O percorrido desta edición enlazará a Praza do Concello –onde será a saída ás 11,00 horas–co encoro de Cachamuiña,  en ida e volta. 

Haberá agasallos para todos os participantes, e ao remate sortearanse diferentes obsequios e unha bicicleta. Na Praza do Concello haberá ese día xogos para os máis pequenos. 

Para o día antes, o 23 de xuño, o Albergue de Ordelles organiza un curso de valorización de produtos de contorna, que terá prazas limitadas. 

Te puede interesar