TRANSPORTE PÚBLICO

Piden revisar os tempos das liñas de bus urbano de Ourense

Bus urbano de Ourense a su paso por Progreso.
photo_camera Bus urbano de Ourense a su paso por Progreso.
"Disconformidade" no bus urbano de Ourense

Desde a representación da CIG en Urbanos de Ourense, mostraron a súa “desconformidade” cos novos horarios da liña 6 anunciados polo Concello. Segundo Anselmo Iglesias, delegado da CIG, o comité de empresa sempre intentou asesor ao Concello para establecer cambios “asumibles”. Levan tempo reiterando a necesidade de revisar os tempos dos traxectos nas liñas, “xa que hai atrasos constantes e os tempos non se dan cumprido”.

Consideran que os horarios están “desfasados”, hai límites a 30 quilómetros por hora, incrementouse o número de usuarios, vehículos e semáforos e “incrementouse notablemente o número de usuarios da terceira idade, que incrementa os tempos moito máis”. 

“Imposible”

Por todo iso, a CIG non entende que haxa un novo traxecto da liña 6, “unha das máis problemáticas en retrasos”, mentres non se abordaron as necesidades dos usuarios e traballadores “ampliando o horario desta liña, que hoxe está en 30 minutos e é imposible de cumprir”.

Te puede interesar