Ciudad

Os pisos de Covadonga, listos para adxudicarse

A xunta de goberno de Ourense aprobou onte ampliar o contrato de sinalización viaria vertical e horizontal por un periodo dun ano, cun importe de 80.000 euros.

A xunta de goberno de Ourense aprobou onte ampliar o contrato de sinalización viaria vertical e horizontal por un periodo dun ano, cun importe de 80.000 euros. Tamén deu luz verde a dous convenios de colaboración entre a Confederación Empresarial de Ourense e as Concellerías de Xuventude e Voluntariado para que os alumnos teñan a oportunidade de realizar prácticas profesionais.


Outros dos acordos do día foi a aprobación das bases reguladoras da oitava edición do concurso "Sabores de Ourense-Pinchos de Outono 2015", que se desenvolverá nos establecementos colaboradores do 20 ao 29 de novembro. En relación á Concellería de Participación Cidadá, deuse o visto bo ao acordo entre o Concello e a Federación de Asociacións de Veciños Limiar. O convenio conta cun montante que ascende aos 15.000 euros. Asimesmo, tamén se procedeu á aprobación da contratación da animación para a Cabalgata de Reis. Contarase para esta actuación cun presuposto de 60.000 euros. Outras das medidas acordadas foi o proxecto para a instalación de cámaras de videovixilancia no Polígono Industrial de Seixalbo, así como a selección dos novos proxectos para os cursos que serán impartidoss no vindeiro ano.

Pisos  sociais en Covadonga
O Concello de Ourense asinou onte a acta de recepción de obras de urbanización das 52 vivendas de Promoción Pública de Covadonga. Destes edificios, 32 serán para aluguer y 20 para propiedade. A partir de agora, ábrese o proceso administrativo para a adxudicación destas vivendas aos seus futuros propietarios e inquilinos.

Neste sentido, a Xunta remitirá cartas de adxudicación dos pisos aos solicitantes que participaron no sorteo dos mesmos. Terán un prazo de 15 días para aceptalos ou rexeitalos. Trala aceptación, os futuros propietarios terán que depositar unha fianza e iniciar o trámite hipotecario correspondente.

Te puede interesar