ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
O PSdeG-PSOE ourensán fixo campaña onte na Pobra de Trives. Alí, os socialistas reivindicaron os traballos que se están a levar a cabo no municipio cos fondos europeos Next Generation, destinados a un proxecto de rexeneración e mellora da Praza de Abastos, así como o establecemento dunha rede wifi.
A candidata socialista de Ourense ao Parlamento Europeo, Lorena Guerra, visitou o concello xunta outros cargos do partido e da comarca. Guerra salientou o papel da rede wifi, “que facilita o teletraballo e a utilización das novas tecnoloxías por parte da veciñanza”. Ademais, incidiu en que Trives “é exemplo das boas telecomunicacións e da adecuación do municipio aos tempos que corren, cunha rede WIFI pública e totalmente gratuíta para uso e desfrute da veciñanza e dos turistas no casco vello do municipio e na rúa San Martín”.
Por outra banda, os socialistas destacaron as obras da Praza de Abastos da vila trivesa, que comezaron hai mes e medio. Guerra manifestou que “é un fito significativo para a localidade”, que recibiu unha subvención do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo de case 369.000 euros para investir “na revitalización do comercio local”. A candidata cualificou Trives de “exemplo” en canto aos beneficios dos fondos, “e tamén amosa a importancia que ten que os concellos presenten proxectos para optar” a telos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio