Quintana e Suárez Canal apostan por converter o sector do viño nun motor dinamizador do rural

Un plan vitivinícola para O Ribeiro suporá inversións de 23,6 millóns en 14 concellos

Anxo Quintana escoita as explicacións de Alfredo Suárez Canal durante a presentación do plan.
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, e o conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, presentaron en Castrelo do Miño un plan vitivinícola específico para o Ribeiro que implicará inversións durante os próximos tres anos de 23,6 millóns de euros, nos 14 concellos que conforman a Denominación de Orixe. A concentración de fincas, a implantación de variedades autóctonas, a mellora de infraestructuras básicas e accesos os viñedos, ademáis da promoción no mercado son algúns dos obxetivos.
Un plan de impulso vitivinícola do Ribeiro conlevará inversións por un importe total de 23,6 millóns de euros durante os próximos tres anos e nos 14 concellos que forman parte desta Denominación de Orixe. O vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, e o conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, presentárono onte no Club Náutico de Castrelo de Miño, en presenza de numerosos bodegueiros, agricultores e veciños, ademáis dos representantes dos municipios implicados e outras autoridades.

’O Goberno entende que o medio rural é unha parte fundamental do país, e que Galiza como país non pode existir sen o medio rural’, manifestou Anxo Quintana, referíndose a este plan específico para O Ribeiro, cuias accións perseguen converter ’o sector do viño nun motor de dinamización integral para o rural galego’, sinalou o vicepresidente. Deste xeito, apuntou sete obxetivos fundamentais, que pasan pola mellora das infraestructuras básicas (4,1 millons de euros) e de accesos as viñas (1,1 millóns); o impulso das concentracións parcelarias (2,3 millóns); a implantación das variedades autóctonas a través da reenxerta (675.000 euros) ou da reestructuración total en fincas de 100 a 1.000 metros cuadrados (6 millóns de euros) ou para reconversión comunitarias (4,5 millóns); incentivar a producción e a calidade con melloras nas explotacións (2,1 millóns); potenciar a promoción comercial (1,5 millóns); garantir a incorporación de mozos á actividade agraria (1,1 millóns) e acadar a profesionalización dos recursos humáns (50.000 euros).

’O Ribeiro é a segunda marca recoñecida despois da Rioxa e fai falta que nos vendamos iso, e a iso vai dirixido este plan’, indicou Quintana, asegurando que ’é un intrumento para continuar o traballo de converter o sector do viño nun motor de dinamización integral do rural’.

Alfredo Suárez Canal dixo que este plan dará solucións a problemas específicos, ’era necesario ver as debilidades e ver as potencialidades do sector nun mercado competitivo’, matizou o conselleiro. Neste senso, referiuse a liberalización das plantacións que promove a Unión Europea, insistiendo en que o Ribeiro ten un futuro esperanzador si se aposta pola calidade e polas variedades autóctonas. Por iso, concluiu con un chamamento: ’a tódolos axentes do sector pedímoslles o seu compromiso para dinamizalo’.

Te puede interesar