UNIVERSIDAD

“A plataforma Procampus logrou traer Dereito 
en vez de Antropoloxía”

O vicedecano da Facultade de Educación do Campus de Ourense Xosé Manuel Cid recibiu o pasado martes uns dos premios Peña Novo 2016 pola su permanente entrega a proxectos en defensa da cultura e idioma galego. 

Un dos seus últimos retos foi sintetizar os 25 anos de historia da Universidade de Vigo nun artigo publicado na revista "Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación" baixo o título de "Nacemento e evolución da Universidade de Vigo (1989-2014). Un motor para as tres cidades do sur de Galicia".

Cal é o obxectivo da publicación?

A revista Sarmiento é o órgano de difusión das investigacións dos historiadores de Galicia. Somos un grupo de 10 persoas das tres universidades que vimos publicando este anuario dende principios de século. Este número adicámolo á segregación das universidades e eu encargueime da Universidade de Vigo. A dificultade é que ao ser unha etapa moi recente resulta difícil facer historia porque aínda hai procesos en marcha e ao formar parte deles tamén é complexo historialo.

Como era o panorama educativo nas décadas anteriores á creación da Universidade de Vigo?

Hai uns datos escalofriantes. En 1940, apenas un 7% da poboación accedía á universidade, o que supón unha taxa de pouco máis de 140 universitarios de cada 100.000 habitantes. Galicia contaba cunha taxa de 131 e en toda a provincia había uns 427 universitarios. Foi a principios dos 70 cando para dar resposta a toda a demanda que había de estudios superiores se empezou a abrir o mapa universitario. En Ourense, na década dos 70, a Escola de Maxisterio pasa á Universidade de Santiago e creouse no 1973 o Colexio Universitario, que tamén dependía da USC.

Cómo foi o proceso de democratización da Universidade?
O primeiro impacto foi coa creación da Escola de Empresariais no antigo hospital de As Lagoas. Por estes anos xa se contabilizan uns 3.000 universitarios aquí; unha cifra im- portante á que lle hai que engadir os ourensáns que estudaban fora carreiras como Dereito, Enxeñerías ou Mediciña. O segundo impacto foi xa nos 90 ca segregación das universidades e con todo o debate que había á hora de recolocar as titulacións.

Cal foi o papel da plataforma Pro Campus neste sentido?
Creouse no 1988 porque a Universidade de Santiago no reparto de titulacións por campus, o ámbito das ciencias quedaba moi mermado e no eido educativo había moita confusión. Ofrecíansenos diplomaturas como Antropoloxía social ou Demografía, títulos que tiña senti- do implantalos en Madrid ou Barcelona pero non nunha cidade de 100.000 habitantes. Buscábamos un campus non tan especializado senón máis diversificado que tivese algo de tódolos ámbitos do coñecemento. Ao final, conseguimos que a socioloxía se substituise por Dereito. Houbo momentos no que se implicou toda á cidade cunha manifestación de 30.000 persoas.

A falta de presuposto paraliza a Universidade ao non poder contratar a máis docentes...
Non estamos na situación ideal. Co- incidindo cos recortes e coa política de Wert en relación ao profesorado universitario, estanse produncindo moitas xubilacións e poucas incorporacións de docentes a tempo completo. Hai que lembrar que a lexislación Wert non foi negociada con ninguén. Tamén son crítico coa perda de peso que tiñan os claustros universtarios, que para min tamén é unha perda de democracia.

Te puede interesar