O PP critica o que cobra o rexedor de Castrelo do Val

O portavoz municipal do PP en Castrelo do Val, Manuel Pérez, sinala que o alcalde socialista dese municipio, Vicente Gómez García, aumentou o custe dos órganos de representación municipais para deste xeito aumentar os seus honorarios, a pesares de que o rexedor manifestou públicamente que non percibiría un salario pola súa labor a fronte da Alcaldía.
O portavoz dos populares afirma que o alcalde percibe 260 euros (debido á súa condición de presidente das mesmas) por cada unha das súas comparecencias en comisión de goberno, comisión informativa, comisión especial de contas, reunións de portavoces, mesas de contratación, reunións con alcaldes, conselleiros e delegados, e outros órganos de representación municipal. 'É inconcebible que o señor alcalde ande a dicir que non cobra un salario do Concello cando el mesmo decidiu cobrar este ano 260 euros por asistencia a estas reunións, que o pasado ano costaban 160 euros. É dicir, incrementou en 100 euros o custe de cada unha das súas reunións', sinalou o portavoz do PP.

Manuel Pérez sinala tamén que o alcalde cobra 0,34 euros por quilómetro ou dietas de 60 euros dentro da Comunidade Autónoma (100 euros si son fóra).

Te puede interesar