certame - concello

Os premiados no certame contra o consumo de alcol en Ourense

O Concello de Ourense entregou este martes os premios ós escolares que fixeron mellores propostas 

O  Concello de Ourense entregou os premios do concurso "Apúntate unha idea, desmonta o alcol", organizado polo Concello de Ourense. Un certame no que participaron medio milleiro de escolares dos centros educativos da cidade e que busca promocionar estilos de vida saudables entre a mocidade de Ourense. O tema desta quinta edición era "Por que a lei prohíbe beber alcol aos menores?", para contribuir a desmontar a crenza da normalidade de consumir bebidas alcohólicas.

O certame contou coa participación de 454 mozos e mozas de 11 centros educativos. A maioria, 352 realizaron traballos individuais e outros 36 en grupos. En total, presentaron 849 traballos, nas 5 categorías exisitentes: 280 lemas, 260 imaxes, 171 microrrelatos, 130 accións e 8 clipmetraxes.


Os premiados: 


Slogan 

- Premio: Adriana Rodríguez Novo (C. Padre Feijoo) "O alcol non conta, desconta!"

- Accésits : Enma Romero Diz e Dinara Rodríguez Seara (C. Luis Vives): “Alcol e menores, danos maiores” e  María Ferreiro Rodríguez (C. 13 anos, C. Divina Pastora): "Escapa, el alcohol atrapa". 

Acción

- Premio: Pablo Freire Gullón (C. Luis Vives): Facer un mural cun neno de cada colexio de Ourense e colocalo na parte máis concurrida da cidade. 

Imaxe

- Premio: Paula Fernández Labrador (C. San José)

- Accésits: Helena Da Costa (IES Blanco Amor) e Lúa Domínguez Grande (IES O Couto)

Microrrelato

- Premio: Sofía Pombar Rodríguez (Salesianos)

- Accésits: Andrea Santana Aragón (C. Padre Feijoo e Yurena Rey Fernández (IES Blaco Amor)

Clipmetraxe

- Premio Popular: Hugo López Carballo (IES Otero Pedrayo):"Merece a pena?"

- Premio Xurado: Iker Fernández Villar (IES O Couto): "Non pidas, busca respostas"

- Premio de Aula do Xurado: 4º ESO A (C. Padre Feijoo): "Mellor sen alcol porque....."

- Accésits: Eva Outeiriño Fernández e María Lozano González (IES Otero Pedrayo): "Non te deixes levar";  Victor Telmo Rodríguez (C. Cardenal Cisneros) "Eles non pensan!!!"

Te puede interesar