Preocupación sindical en Coasa polos recortes de Airbus

Desde o sindicato chaman a “asegurar o futuro industrial e o emprego neste sector estratéxico, especialmente para Ourense, cuxo futuro virá do fortalecemento da industria e do I+D+i”.

A pretensión de Airbus por impulsar un forte axuste presupuestario preocupa ao cadro de persoal da factoría Coasa, no Parque Tecnolóxico de Ourense. CC.OO.  esixe “solucións non traumáticas, sostibles e respectuosas co emprego, porque non se pode usar o diñeiro dos contribuíntes para garantir os beneficios dos accionistas e pagar despedimentos”.

Desde o sindicato chaman a “asegurar o futuro industrial e o emprego neste sector estratéxico, especialmente para Ourense, cuxo futuro virá do fortalecemento da industria e do I+D+i”.

 CCOO sinala á Xunta, “con competencias plenas na industria”, para que garanta o emprego nesta factoría, e remarca que COASA, á vista dos datos económicos de facturación e beneficios, “é unha empresa solvente e con un capital humano solvente e especializado”.

Te puede interesar