“Problemas loxísticos” atrasan o arranxo da rúa 1 do Polígono

photo_camera La Diputación de Ourense indicó que el arreglo del asfalto de la calle Ricardo Martín Esperanza, la principal del Polígono de San Cibrao, será inmediato. Los usuarios llevan tiempo clamando contra el deterioro de la vía, muy utilizada a diario.
Os usuarios da vía claman por unha solución “o antes posible” a este “pesadelo de estrada”

O estado da rúa Ricardo Martín Esperanza -Calle 1-, rúa principal do Polígono de San Cibrao das Viñas, desespera aos usuarios que todos os días teñen que pasar por ela para acudir ao seu traballo. Esta situación é un “problema histórico” desta rúa, segundo algúns usuarios, que urxen unha intervención “o antes posible” para rematar coa “morea de fochancas” que acumula esta vía de titularidade autonómica, pero da que a Deputación é responsable do seu mantemento. Dende o ente provincial, aseguran que o comezo das obras na vía é “inminente”. Aínda que non hai unha data concreta, os traballos comezarán cando se solucionen certos “problemas de loxística” relacionados co transporte de maquinaria e outros materiais.

Miguel Fernández asegura que “é un despropósito o estado da carretera, vas todo o tempo rebotando no coche”. Este usuario, que pasa por esta rúa tódolos días, urxe “a quen sexa” que se lle poña fin a unha situación que “xa dura máis dun ano e non pode ser”. Outro usuario, Benito Rodríguez, asegura que hai “fochancas enormes” en varios puntos da vía. Rodríguez fai referencia ao estado “pésimo” das rotondas e, ao igual que Fernández, urxe unha solución, xa que “isto pode xenerar problemas nos coches”.

Polígono de San Cibrao das Viñas (San Cibrao das Viñas). 20/10/2021. Carretera en mal estado de la vía principal del Polígono de San Cibrao das Viñas.
Foto: Xesús Fariñas

Pola súa banda, Carmen García, usuaria esporádica da vía, explica que, polo mal estado da rúa “sobre todo no primeiro tramo, cando accedes a ela dende Reboredo ou dende a carretera de Madrid (N-525), teño que circular case por riba da liña continua para evitar ir dando chimpos”. Jaime Costa, outro usuario moi habitual, coincide con que a rúa Ricardo Martín Esperanza precisa dun “arranxo urxente deste pesadelo de estrada. Está repleta de fochancas que provocan problemas nos coches e son incomodísimas para conducir”.

Este problema leva atormentando a veciños e traballadores do Polígono dende hai tempo e a solución a este problema podería chegar nos próximos días.

Polígono de San Cibrao das Viñas (San Cibrao das Viñas). 20/10/2021. Carretera en mal estado de la vía principal del Polígono de San Cibrao das Viñas.
Foto: Xesús Fariñas

“Actuación inmediata”

Dende a Deputación de Ourense, aseguran que o inicio das actuacións nesta rúa é “inminente”, afirma o responsable, Pablo Pérez. O deputado subliña que se lle porá remedio a esta problemática “o antes posible”.

Apúntate a nuestra newsletter

La Región redobla su apuesta con la actualidad e incrementa su cobertura informativa con sus nuevas newsletters. Lo único que tienes que hacer para recibirlas es suscribirte aquí de forma gratuita. Los lectores podrán recibir cada día a primera hora de la mañana una selección con los titulares de la jornada. Asimismo, cada noche podrán conocer las claves que nos deja la jornada en la provincia con el boletín nocturno.

Los apasionados al deporte también tienen espacio con la newsletter deportiva. Cada viernes, la sección de Deportes de La Región selecciona las citas imprescindibles del fin de semana en Ourense. Los miércoles, turno para el boletín del Xornal Escolar, donde se detallan toda la actualidad de los colegios de la provincia, la agenda de actividades o las opiniones de expertos.

Te puede interesar