Propoñe unha modificación do artigo sobre o 'fóra de ordenación' para rematar a 'alarma inventada polo PP'

O PSdeG presentará unha moción para modificar a nova Lei do Solo

La edil Áurea Soto explicó hoy la moción que plantearán a la Lei do Solo gallega.  (Foto: Miguel Ángel)

A edil de Urbanismo, Áurea Soto, informou esta mañá que o grupo municipal socialista presentará unha moción propoñendo a modificación do artigo 103 da nova Lei do Solo galega, a LOUGA, referido ás vivendas que quedan 'fora de ordenación', co obxetivo de dotar ao novo PXOM da cidade de 'estabilidade e seguridade xurídica'.

Ampliando información, Soto explicou que esta proposta de modificación da Lei do Solo, que se está a tramitar actualmente no Parlamento coa intención de aprobala antes do verán, collería como espello a lexislación de Euskadi e Navarra, comunidades cun urbanismo 'modélico', segundo o expresado pola edil.

Asemesmo, a concelleira de Urbanismo acusou ao PP, e máis concretamente ao seu portavoz Rosendo Fernández, de usar a polémica dos inmobles en 'fora de ordenación' (e a campaña de 'buzoneo' que están a levar a cabo estos días), coma un instrumento para 'intentar desfacer o que estamos intentar facer, que é arranxar a herdanza gravísima dun plan anulado -en referencia ao antigo PXOM-'.

Soto reiterou que escollen a vía do Parlamento galego para dotar de maior estabilidade ao novo PXOM porque a consideran a máis óptima, xa que ademáis de ser a 'máis limpia xurídicamente', solucionaría de xeito autonómico a situación deste tipo de vivendas, un problema que 'non afecta só a Ourense, senon tamén a outras localides nas que goberna o PP, como A Coruña'.

En referencia ás alegacións que o BNG anunciou onte polas vivendas que quedarían fora de ordenación, a edil de Urbanismo confiou en que a proposta socialista de cambiar 'a redacción do artigo 103 da LOUGA pola redacción dese artigo no País Vasco ou Navarra' satisfaga ao partido nacionalista.


Residencia universitaria

Respecto ao futuro da residencia universitaria, Áurea Soto sinalou que o camiño que tomará a corporación municipal, 'unha vez acatada a sentencia', será 'buscar cómo se podería arranxar a instalación para manterse'.

Te puede interesar