O PSOE alega contra as taxas das terrazas carballiñesas

A unificación dos prezos públicos pola instalación de mesas de terraza no Carballiño non é do agrado do grupo municipal do PSdeG-PSOE, que por iste motivo formulou unha serie de alegacións á nova ordenanza reguladora, aprobada pola Corporación cos votos a favor do equipo de goberno.
Deste xeito, os socialistas instan ó Concello a que considere modificar as taxas pola colocación de terrazas, 'e estableza diferentes prezos en función da ubicación das mesmas , xa que non é o mesmo para o hostaleiro ter a súa terraza no centro do pobo coma ter un bar ubicado nunha parroquia dos arredores'. Así, o voceiro do PSdeG-PSOE, Francisco Fumega, considera que 'o efecto unificador das taxas, que racha coa diferenciación establecida ata agora, perxudica ós negocios máis alonxados do centro, xa que como todos podemos entender son os máis céntricos os que rexistran máis afluencia'.


TARIFAS

O grupo municipal de goberno 'popular' aprobou a normativa que regula a ocupación do espazo público coas mesas de hostelería, fixando para tódolos propietarios unha tarifa de seis euros mensuais por mesa para as terrazas instaladas todo o ano (72 euros, en total) e de cinco euros para as que se colocan só entre xuño e setembro, é dicir, 20 euros totais por mesa na tempada de verán.

Te puede interesar