CONCELLO DE OURENSE

O PSOE critica ó goberno local por “non respostar
ás solicitudes"

Vázquez Barquero, apunta que o alcalde da cidade,  "non deu resposta" sobre o custo total do persoal de confianza e funcionarios

O grupo municipal socialista da cidade critica a "falta de transparencia" do goberno municipal do Partido Popular ante a "ausencia de resposta" a 20 solicitudes de información formuladas polo PSOE nos últimos meses.

Nesta liña, o voceiro dos socialistas, Vázquez Barquero, apunta que o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, "non deu resposta" sobre o custo total do persoal de confianza e funcionarios que traballan no seu equipo, "que segue a crecer cunha nova contratación no mes de outubro, confirmándose así a falsa austeridade denunciada polo grupo".

Según Barquero, o goberno local "tampouco é capaz de concretar o custe e a ubicación" dos 500 bancos "supostamente" instalados na cidade, nin a cuantía das facturas pendentes de pago por parte do Concello coa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar e Correos.

Conclúe o portavoz que os borradores da mellora da Ponte Romana e do Milenio "aínda non foron entregados aos grupos da oposición", así como as modificacións na relación de postos de traballo dos bombeiros da cidade.

Te puede interesar