O PSOE de Ourense lamenta que a cidade acabe 2023 sumida no “caos”

Concello de Ourense.

O grupo socialista remata o ano lamentando o “caos e descontrol” na xestión económica do Concello de Ourense, que continúa sen orzamentos despois de catro anos. Tamén lamentaron aumentasen as concesións en precario e que as esenciais sigan a acumular débedas de máis de 20 millóns por ser ”incapaces” dende o grupo de goberno de sacalas a licitación. “Jácome, no seu papel de modificador en serie, rompeu todos os récords de modificacións de crédito e plenos extraordinarios; unha folla de ruta que está a levar ao Concello a grandes desequilibrios que non tardarán en converterse en hipotecas futuras con repercusión inmediata no peto da cidadanía”, sinalou a secretaria xeral do PSdeG en Ourense, Natalia Benéitez.

“A lista de servizos desmantelados aumenta e entidades sociais quedaron sen axudas pola desidia de Jácome”, citou a socialista, entre outras eivas. 

Te puede interesar