O PSOE de Ourense pide arranxar a “chapuza” de Salto do Can
O PSOE reclama adoptar as medidas “que fagan falta” co fin de dar “solucións urxentes” á veciñanza do núcleo rural de Rabo de Galo, na contorna da cidade, trala “chapuza” do goberno local as obras de reforma das rúas Carballo e Salto do Can
O PSOE de Ourense comprobou in situ as “importantes deficiencias” dun proxecto executado defectuosamente tras unha “rebaixa brutal” do orzamento inicial.
O PSOE levará ao próximo pleno unha iniciativa na que piden enviar aos técnicos municipais responsables do proxecto a visitar a zona da reforma das rúas Carballo e Salto do Can e a emitir un informe das deficiencias evidentes na execución. Tras isto, esixen adoptar as medidas necesarias para a solución das deficiencias antes do remate definitivo e da recepción formal.
Tamén reclaman informar dos motivos da importante modificación realizada do proxecto inicial, das responsabilidades derivadas das deficiencias existentes nas obras e de quen se vai facer responsable dos danos e prexuízos ocasionados.
Segunda prórroga para as obras da rúa Concordia
As obras de reforma integral e instalación de ramplas mecánicas na rúa Concordia está inmersa nunha nova ampliación de prazo, que vence o vindeiro 19 de abril, segundo puido saber este xornal. É á segunda prórroga dun mes que o Concello concede ao prazo de execución das obras que executa a empresa Extraco. As obras comezaran hai un ano, o 19 de abril de 2022. Inicialmente, os traballos debían estar rematados o pasado mes de decembro.
Un problema cos colectores -ao non estar contemplados no proxecto orixinal-, provocou gran parte da demora e un sobrecusto na reforma de máis de medio millón.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CARRETERA EN MAL ESTADO
Los usuarios, hartos del abandono de la N-120: “Está deshecha, es peligrosa”
Lo último
ESCÁNDALO EN LA ALTA COCINA
René Redzepi dimite del restaurante danés Noma tras denuncias de abusos al personal
PROPIEDAD ESTATAL CONFIRMADA
El Pazo de Meirás no pertenece a los Franco, pero serán indemnizados por su mantenimiento desde 1975