O PSOE de Pereiro esixe unha senda en Loñoá

O PSOE de Pereiro de Aguiar presentará unha moción no vindeiro pleno na que insta ao Concello a construción dunha senda peonil e ciclista e a mellora da seguridade viaria na estrada municipal que une a urbanización da Tapada de Bouzas, de 450 habitantes, co núcleo de Loñoá con preto de 300 habitantes, coa ampliación da mesma. Os socialistas reclámanlle ao goberno municipal que “se comprometa a redactar o proxecto e a realizar cantas actuacións e xestións sexan pertinentes para financiar a obra ou procurar financiamento para a súa execución”.

Para o voceiro do PSOE en Pereiro de Aguiar, Jorge Gutiérrez, este tipo de actuacións “permitirá diminuír o número de persoas que utilizan o seu vehículo para desprazarse neste traxecto, e así contribuír a uns hábitos de vida máis saudables”. Neste senso, o edil socialista tamén apunta que con esta iniciativa “queremos contribuír a coidar o medio ambiente e a fomentar o emprego da bicicleta e os desprazamentos a pé como modo de transporte habitual no municipio”.

Te puede interesar