O PSOE quere o Día das Letras Galegas adicado a Antón Tovar

O PSOE defenderá a vindeira semana no pleno da Deputación reclamar que a Real Academia Galega dedique o Día das Letras Galegas de 2023 ó escritor ourensán Antón Tovar Bobillo. Os socialistas, que acudiron á casa natal do poeta na aldea da Pereira (Rairiz de Veiga), salientan que foi un “galeguista, intimista e de fonda preocupación social que merece este recoñecemento canto antes”.

A deputada Elvira Lama asegura que “a súa importancia como escritor radica en que foi un gran poeta, que algúns definen como o máis importante da segunda metade do século XX”. Este 2021 celebrouse o centenario do seu nacemento.

“Con 20 anos quedou orfo de pai, o que marcou fondamente os seus pensamentos, un feito que impulsou o carácter intimista da súa obra e tamén se amosou moi preocupado pola sociedade daquel tempo”, engadiu Lama.

Por outra parte, o BNG presentou unha moción coa que busca defender os produtores do sector primario, criticando a falla de políticas da Xunta e tamén que o Goberno do Estado non fixe ferramentas obxectivas sobre os custos de producción.

COMISIÓNS

Nas comisións informativas celebradas onte, tamén se dictaminou a proposta para cambiar o modelo do sistema de recollida de lixo. O PSOE mostrou a súa preocupación polo futuro dos traballadores. 

Te puede interesar