O PSOE reclamará que o Goberno central rebaixe as peaxes da autoestrada Santiago-Ourense

Os socialistas ourensáns defenderán una iniciativa no pleno da Deputación provincial

O PSdeG-PSOE de Ourense defenderá no pleno da Deputación provincial, unha iniciativa para que se rebaixen as peaxes da autoestrada AP-53 que une Santiago e Ourense. Na actualidade é unha das estradas máis caras do Estado, situándose no podio do custe por quilómetro e, ademais, tamén é unha das poucas que non conta con ningún tipo de desconto.

A moción reclama instar o Goberno de España a aprobar, o máis axiña posible, un proxecto de Real Decreto de modificación da concesión da AP-53, para bonificacións de peaxe. Desta forma, podería aplicarse o mesmo sistema de rebaixas que xa funciona en decenas de estradas do Estado e que tamén van desfrutar os usuarios e usuarios de todos os tramos da AP-9. Igualmente pide á Xunta solicitar a transferencia da súa titularidade á comunidade autónoma.

Desde un dos viadutos que cruza a estrada, o voceiro Rafa Villarino, explicou que estamos ante unha autoestrada que “vertebra o interior de Galicia”, o que suporía por en práctica o “reequilibrio territorial” pero que “realmente non se está a cumprir porque un tramo é de pagamento”. “É unha das máis caras de España sen bonificacións”, insistiu antes de recordar o compromiso do PSdeG en 2009, grazas ao que se suprimiron os cobros entre Dozón e Ourense.

Te puede interesar