Pumar: "Jácome pretende ser defensor do público coa mentira e o insulto, igual que Gómez"

O vicepresidente segundo da Deputación, defendeou o custo da viaxe a Estados Unidos con que acreditan que "os gastos están ben claros, salvo para el, incapaz de distinguir conceptos como hotel, desprazamentos e visado"

"A percepción da realidade e a conduta que mostra o deputado Pérez Jácome insistindo na súa falsa denuncia só poñen en evidencia o seu desesperado intento por converterse no novo líder da oposición na Deputación", sinalou o vicepresidente segundo da institución provincial, Jorge Pumar, en resposta a un novo ataque do representante de Democracia Ourensana.

A actitude do deputado, engadiu Pumar, demostra "que non pode soportar o protagonismo do portavoz socialista, polo que se erixe nun pretendido defensor do público pero utilizando as mesmas armas que o PSOE: a mentira e o insulto".

"Pérez Jácome confunde o seu partido coa súa actividade empresarial, mesturando as institucións provincial e municipal", dixo Jorge Pumar, quen engadiu que "o PP non necesita seguir desmentindo o custo da viaxe a Estados Unidos porque os documentos que acreditan os gastos están ben claros, salvo para el, incapaz de distinguir conceptos como hotel, desprazamentos e visado".

"Máis grave aínda", apunta do vicepresidente segundo da Deputación, é que ataque a unha empresa de viaxes de Ourense que xestiona os seus servizos ao mellor prezo posible, "o cal parece ser a súa especialidade cando no pleno de marzo menosprezou a outra empresa da provincia que participará na misión comercial de Estados Unidos". Unha atrevida ignorancia, "pois como demostramos no pleno da pasada semana dita empresa, aínda que se dedique ao sector do doce, xa exporta a este país”

 “Xa advertimos -concluíu Pumar- que en ningún momento o grupo provincial popular vai seguir permitindo que a mentira e o insulto convértanse na única estratexia política da oposición, danando a imaxe dunha provincia e das súas empresas”.

Te puede interesar