URBANISMO

Rematan as obras da rúa Ben-Cho-Sey

uploaded_ben_result

As obras de urbanización da rúa Ben-Cho-Sey concluirán dous meses antes de rematar o prazo previsto na súa adxudicación, que era de seis meses

 Esta rúa era unha das poucas dos casco urbano do Carballiño sen servizos nin asfaltado nin beirarrúa, e con esta reforma conta  con todos os servizos de abastecemento, saneamento, iluminación, beirarrúas e zona de aparcamento en batería, con capacidade para 30 vehículos. Esta obra, que está sendo executaqda pola empresa BIDON Excavaciones, ten un custo de 146.000 euros, que son sufragados polo Concello. 

Te puede interesar