TRÁFICO

Rescatan a unha muller que se precipitou co seu vehículo por un barranco en Barbadás

Segundo informou este sábado o 112, por razóns que se descoñecen, a muller perdeu o control do vehículo que conducía cando circulaba pola estrada que une Piñor con Barxa

Efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Barbadás (Ourense) rescataron unha muller que se precipitou por un desnivel co turismo que conducía.

Segundo informou este sábado o 112, por razóns que se descoñecen, a muller perdeu o control do vehículo que conducía cando circulaba pola estrada que une Piñor con Barxa, ao seu paso polo municipio de Barbadás e precipitouse por un barranco "de difícil acceso".

Unha vez rescatada, a muller ferida foi evacuada por un UVI móbil de Urxencias Sanitarias a un centro hospitalario. Ademais do 061 e do Servizo Municipal de Barbadás, foron mobilizados o GES de Pereiro de Aguiar e a Guardia Civil de Tráfico.

Te puede interesar