A residencia do tempo libre acollerá a maiores no Nadal

A Consellería de Traballo e Benestar cubrirá os gastos derivados da estancia de 240 persoas maiores nas residencias de tempo libre de Carballiño (Ourense) e Panxón (Pontevedra) para evitar que pasen soas o Nadal. A estadía en ambos centros será de nove días e oito noites, entre o 24 de decembro e o 1 de xaneiro.
Os participantes no programa Xuntos polo Nadal só terán que aboar os gastos de desprazamento desde o seu domicilio ata os puntos de saída e regreso, que serán os centros sociocomunitarios da Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense.

A iniciativa está orientada a persoas maiores de 65 anos ou de 60 en diante sendo pensionistas, que residan na comunidade galega, conten cun nivel adquisitivo baixo, non teñan con quen pasar o Nadal e non estean acollidos en ningún centro residencial.

O departamento que dirixe Beatriz Mato priorizará ós que cumpran cos requisitos establecidos, non teñan gozado de ningunha quenda do programa de Turismo Social nin de pasadas edicións de 'Xuntos no Nadal'; así como ós de maior idade e menores recursos económicos.Ademais do desprazamento en autobús desde os lugares de saída e chegada ata as residencias, a Consellería farase cargo do aloxamento e manutención.

Te puede interesar