DETENCIÓN

Delatado tras vender dous móbiles roubados no Centro Comercial

Un home de 46 anos de idade natural de Ourense con 19 antecedentes foi detido pola Policía Nacional como autor do roubo de dous teléfonos móbiles

Un home de 46 anos de idade natural de Ourense con 19 antecedentes foi detido pola Policía Nacional como autor do roubo de dous teléfonos móbiles de alta gama dunha vitrina nunha tenda na capital ourensana.

Segundo informou a Comisaría de Ourense, axentes da Unidade de Delincuencia especializada e Violenta detiveron sobre as 16,15 horas do mércores día 2 dun varón como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas.

Os feitos sucederon o día 16 de agosto do 2015 cando foi denunciado o roubo de dous terminais móbiles de alta gama do interior dunha vitrina pechada con chave nunha tenda de electrodomésticos do Centro Comercial Ponte Vella.

Coñecido este feito, axentes da UDEV iniciaron as investigacións pertinentes e solicitaron ás compañías de telefonía móbil que operan en territorio nacional información relativa dos datos das tarxetas SIM que se atopen asociados aos terminais móbiles subtraídos.

En concreto, figuraban a nome de dúas persoas, as cales, unha vez oídas en declaración, manifestaron a súa compra nunha tenda de telefonía móbil da cidade de Ourense, cuxo titular explicou que os móbiles foron comprados a un home, ao cal recoñeceu "sen ningún xénero de dúbidas en recoñecemento fotográfico", segundo o relato policial, como o que llos vendeu alegando que eran da súa propiedade.

O día 2 procedeuse á detención dun home de 46 anos natural de Ourense, ao que lle constan 19 arrestos anteriores por diversos feitos, como presunto autor dun roubo con forza. Quedou en liberdade ás 17,15 horas do mesmo día.

Te puede interesar