O rural ourensán contará con 10 novas casas niño e 50 prazas

undefined
photo_camera Gabriel Alén fala cuns cativos na presenza de Antonio Rodríguez.
Xa está aberta a convocatoria específica que permitirá ampliar este servizo en Ourense. Actualmente, a provincia conta cun total de 46 casas niño, sendo as de Verea e Pontedeva as de máis recente creación, en 2022. 

A provincia contará próximamente con 10 novas casas niño e un total de 50 prazas para cativos de entre cero e tres anos que vivan no rural e que non dispoñan de escola infantil. Así o anunciou o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, que visitou, acompañado do rexedor de Montederramo, Antonio Rodríguez, a casa niño da localidade: Agarimo. 

Xa está aberta a convocatoria específica que permitirá ampliar este servizo en Ourense. Actualmente, a provincia conta cun total de 46 casas niño, sendo as de Verea e Pontedeva as de máis recente creación, en 2022. 

Os datos anteriores reflicten, tal e como subliñou Alén, “unha mostra da inequívoca aposta da Xunta porque nos municipios rurais existan os mesmos recursos que nas cidades”. O delegado territorial, que tamén recordou que ata o 5 de abril permanece aberto o periodo de matrícula para o curso 2023/2024 nas escolas infantís públicas, apuntou que o formato de casas niño “é unha gran solución para territorios rurais e con pouca poboación que non teñen suficiente demanda para dispor dunha escola infantil”.

Te puede interesar