elecciones - entrevista

Marina Ortega: "Sánchez fixo máis en 10 meses que o PP en 7 anos"

Marina Ortega, candidata socialista al Congreso por Ourense (XESÚS FARIÑAS).
photo_camera Marina Ortega, candidata socialista al Congreso por Ourense (XESÚS FARIÑAS).

A cabeza de lista do PSOE por Ourense para o Congreso dos Deputados sinala que percibe sensación positivas no día a día de campaña

Concelleira en O Carballiño, chegou á xefatura de gabinete da Subdelegación de Goberno e, agora, cabeza de lista do PSOE por Ourense para o Congreso dos Deputados. Una carreira política que progresa rapidamente. Marina Ortega apura as derradeiras horas de campaña cun discurso centrado nas virtudes dos meses no que Pedro Sánchez estivo no poder pero con cautela ante as enquisas e as sensacións positivas que percibe no día a día de campaña.

Nova etapa na súa traxectoria. Afrontou unha campaña intensa. Que se atopou?

Atopeime unha resposta positiva da cidadanía, con esperanza. E notei tamén que xente que votaba a outros partidos, especialmente ao PP, está decepcionada coas políticas que levaron a cabo os populares durante estes anos. Especialmente xente maior, enfadada coa dictadura do 0,25% nas pensións, que cambiou no mandato do PSOE. Temos que facerlles ver as medidas que os socialistas lograron neste periodo. Foron cambios concretos e sustanciais para a calidade de vida das persoas.

Donde vai estar a clave nas eleccións deste domingo?

É verdade que os sondeos indican unha porcentaxe moi elevada de indecisos. Por iso temos que ter moita cautela, moita humildade e continuar traballando ata o último minuto. Neste esprint final, é necesario o máximo esforzo para ser o altofalante que expanda a toda a sociedade as medidas que realizou Pedro Sánchez. Que se sepa quen apostou pola subida do salario mínimo, das pensións, a garantía da sanidade universal... Ou a recuperación das cotizacións dos coidadores das personas dependentes, que nesta provincia ten unha importancia moi grande. A dependencia sufriu uns recortes moi grandes cos gobernos do PP.

Cales son os problemas que, en Ourense, deben poñerse sobre a mesa inmediatamente?

Na provincia de Ourense temos que prestar especial atención ao reto demográfico. E tamén ao plan de emprego. Somos unha das provincias con mellores niveles de estudos superiores, algo que logo non se reflicte no emprego. E temos un problema de natalidade importante. Os xóvenes marchan. O reto demográfico non chega so polo envellecemento da poboación. Tamén porque marcha xente en idade fértil pola falta de oportunidades na provincia. Temos que parar iso. Neste senso, so en dez meses, Pedro Sánchez si realizou medidas concretas. Máis que o PP en sete anos.

Moitas siglas no mapa, algunhas novedosas. O discurso dos partidos ten que adaptarse?

Efectivamente. Estamos ante un panorama electoral descoñecido. Nas esquisas se reflicte un auxe do PSOE. Pero é que ademais se percibe, se nota na cidadanía. Estamos máis fortalecidos. Pero non é tan importante como empeza, senón como remata. Nas eleccións non cóntanse enquisas, cóntanse votos. Non hai que relaxarse, temos que seguir traballando ata o derradeiro minuto para movilizar á cidadanía e contarlle os nosos proxectos.

Como ve á dereita na súa nova situación?

O PP estase radicalizando, como se viu co pacto en Andalucía. Os populares perderon a súa identidade e a cidadanía xa non confía neles. Non fixo nada en sete anos de goberno por mellorar a vida da cidadanía. O medo que teñen os cidadáns é que Vox marque a axenda da dereita. Estase percibindo. 

As campañas serven ou a maioría dos votantes teñen outras cousas en conta para decidir o seu voto?

As campañas inflúen e serven para que fagamos de altofalante e transmitir a información que se lles pode escapar os votantes polo seu intenso día a día, o traballo, a conciliación... As redes sociais cada vez son máis importantes e permiten que a xente cada vez esté mellor informada.

Foi a visita de Sánchez a Ourense un impulso para os socialistas da provincia?

Absolutamente. É a mellor mostra de que o PSOE está totalmente comprometido con esta provincia. E deixou ben claro que non sería a única vez, que voltaría coma presidente. Ourense impórtalle moito aos socialistas.

No ámbito personal, como chega ao 28A?

No meu caso poden máis as forzas que o cansancio acumulado porque estou ante un proxecto que me ilusiona e que contrasta coa decepción da sociedade cos últimos mandatos da dereita.

Te puede interesar