I SEMANA DE INCLUSIÓN SOCIAL

Unha Semana para visibilizar o risco de exclusión social en Ourense

A Fundación Juan Soñador, organizadora do evento, prestou apoio a máis de 600 persoas en 2014

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, asistiron esta mañá á inauguración da I Semana da Inclusión Social “Achegando realidades”, organizada pola fundación Juan Soñador de Ourense e financiada polo propio Concello, e que pretende difundir as diferentes circunstancias das persoas que chegan á nosa cidade en risco de exclusión social e laboral. Na presentación, o alcalde salientou “o traballo da familia salesiana, profesionais, educadores, traballadores sociais, sicólogos, persoas voluntarias, colaboradores e participantes” do programa, facendo de Ourense unha cidade “inclusiva” e na que “facendo real o dereito a unha vida digna das persoas máis necesitadas”.

No que resta de semana, a fundación Juan Soñador levará a cabo exposicións de fotografía, de debuxos realizados polos nenos participantes dos programas, mesas redondas e posta em común, proxeccións cinematográficas e un magosto intercultural, como peche, no que se degustarán produtos e comidas das diferentes culturas ao ritmo dos perceptores de Seixalbo na Praza Maior.

Con todo isto, “pretendemos darlle visibilidade ás accións que realizamos aquí -máis de 600 persoas migrantes atendidas, 12 persoas en vivendas de acollida e numerosas accións de apoio ás persoas en risco de exclusión social a través do programa Espabila só no último ano- co obxectivo de fomentar o traballo em rede e a participación cidadá”, en palabras de Nuria García Calvo, traballadora social da fundación.

Estas son as realidades que “debemos afrontar e recoñecer, individualmente, cada un de nós como persoas e, por suposto, desde as administracións públicas, apoiando a aqueles colectivos, fundacións, asociacións, etc. que traballan diariamente para mellorar a situación daqueles que máis nos necesitan”, puntualizou o alcalde, Jesús Vázquez. De feito, o Concello de Ourense participa coas actividades da fundación cedendo os centros cívicos e poñendo ao servizo da entidade a información recollida nas UNIS da Concellería de Asuntos Sociais.

Te puede interesar