Os socialistas da Teixeira critican o 'abandono' do municipio

Os socialistas da Teixeira criticaron no pleno celebrado o venres o 'total abandono por parte do alcalde das políticas sociais e de calquera iniciativa en beneficio dos veciños'. O voceiro e candidato nas vindeiras eleccións municipais, Miguel Solla, critica 'a falta de resposta do rexedor municipal que, pese ás presas que tivo para desmontar o parque infantil, agora non sabe nin cando nin onde ubicalo'. Segundo el, 'nin os nenos nin os maiores están na axenda de prioridades deste goberno'.
Por outro lado, Solla cuestiona a propaganda do alcalde na revista municipal correspondente ao inverno 2010-2011, na que 'anuncia a instalación de parques biosaudables, que pagaría a Xunta, pero para a que non hai data nin nada', así como que 'o alcalde entenda que se pode ofrecer un servizo público para a lectura e o préstamo de libros nun local oscuro e cheo de trastos e lavadoras', lembrando que o seu grupo solicitou nalgún pleno que se habilitase un local municipal para a biblioteca.


EXPLICACIÓNS

O socialista non se explica en cambio a subvención solicitada polo Concello para a compra de 100 cadeiras, un equipo musical, taquilllas e perchas, 'por se hai alguna actuación musical' e preguntou pola aparición de facturas da compra de libros para os que, segundo di, 'non hai biblioteca'. Por todas estas cuestións, Solla considera que 'A Teixeira non merece os desprezos deste alcalde que non cre nas posibilidades dun concello como o noso, que ten moitas potencialidades por explotar'.

Te puede interesar