Os socialistas estudan emprender acción xudiciais contra o proxecto da intermodal

Dende o Grupo Municipal Socialista defenden que "non se aceptaron as nosas alegacións", ademáis de que o alcalde "asume compromisos urbanísticos e económicos do nome do Concello"

O Grupo Municipal Socialista estuda emprender accións xudiciais contra a tramitación da estación intermodal do AVE co obxectivo, segundo explican nun comunicado "de preservas os lexítimos intereses dos ourensáns".

O pasado 31 de maio, o grupo municipal socialista no Concello de Ourense presentou catro alegacións relativas a tramitación do "proxecto Integrador da estación Intermodal de Ourense".

Estas catro alegacións tiñan que ver:

  • Cos sobrecostes das partidas de inversión para a adaptación da estación ferroviaria actual.
  • Cos sobrescostes das partidas de inversión da nova estación de autobuses.
  • Coas consecuencias xurídicas da recalificación de terreos da actual estación de autobuses para aproveitamentos lucrativos prevista no proxecto Integrador.
  • Co incumprimento, por parte do Ministerio de Fomento, do protocolo asinado o 12 de abril de 2011 co Concello de Ourense para a integración do ferrocarril no Municipio de Ourense.

"Todas estas alegacións foron rexeitadas polo goberno municipal dirixido polo alcalde Xesús Vázquez Abad, claudicando novamente fronte os intereses do Ministerio de Fomento, do ADIF e do propio Partido Popular", segundo informa o GRupo Municipal Socialista no seu comunicado. 

Máis críticas

"O Convenio Marco de Colaboracion que asinou o alcalde de Ourense no 2016, apropiándose de competencias do Pleno, é parte sustantiva do Proxecto Integrador da Estación Intermodal de Ourense, informado favorablemente en dias pasados pola Concellería de Urbanismo", explican os socialistas.

Ademáis anegaden que "o alcalde suplanta o pleno municipal, asume compromisos urbanísticos e económicos, en nome do Concello, para o que non está habilidado Jesús Vázquez Abad o ser estas cuestións competenciais exclusivas do Pleno".

Te puede interesar