Os socialistas reuníronse cos apicultores para estudar as reivindicacións do sector

IMG-20151209-WA0016_result
photo_camera Reunión entre membros do PSdeG e a Asociaciación Galega de Apicultores.

Nesta reunión abordouse "tódala problemática do sector apícola galego", resaltando sobre todo "a loita contra a Avespa Vetulina

Na tarde deste mércores tivo lugar unha reunión na sede provincial do PSdeG-PSOE de Ourense  coa Asociaciación Galega de Apicultores(AGA) a esta reunión asistiron ademais de membros da directiva da citada asociación, Pablo García Parlamentario Autonómico de Medio Rural, a candidata ao senado María Teresa Taboada e os portavoces de Esgos, Victor Manuel Peréz, Ana Rodríguez, portavoz de Maceda, Carlos Rivera, portavoz de Xunqueira de Espadanedo e Miguel Fidalgo, Exsenador e exportavoz de Medio Ambiente no Senado.

Nesta reunión abordouse "tódala problemática do sector apícola galego", resaltando sobre todo "a loita contra a Avespa Vetulina, especie invasora que está a asolalas colmeas da nosa comunidade. A abella é clave para o resto do sector agrícola galego, posto que a polinización dos nosos cultivos dependen da súa presenza".

Ademáis, os apicultores sinalaron "a escasa axuda da Xunta de Galicia, que reciben tanto na loita contra esta praga, como a hora de facilitala comercialización dos seus productos, que non se circuscriben solo a producción de mel, senón que inclue incluso a cosmética natural". Tamén lamentáronse "da excesiva burocratización a hora de poñer en marcha os seus pequenos negocios, favorecendo de este xeito dende a administración pública galega as grandes productoras, as que  importan mel de inferior calidade, procedente de China".

Te puede interesar