DEMORGAFÍA

Taboadela quedou con 16 veciños menos nun ano

No pleno deuse a coñecer a elección do novo xuíz de paz municipal, que será Gerardo Quintas Blanco

O Concello de Taboadela comezou este ano 2018 con 1.442 habitantes no seu padrón, segundo deu a coñecer o goberno municipal no pleno desta semana. Con esta cifra, afóndase na senda da despoboación, aínda que se reduce o ritmo de caída, con 16 habitantes menos ca hai un ano, cando eran 1.458 veciños os residentes no concello. 

O pleno de Taboadela estreou compoñentes, coa entrada dunha nova concelleira no grupo de goberno, María Sonia Machado Martínez, quen era a número 6 da lista, en substitución do que  a precedía, Juan Eduardo Fernández Nieto. 

Aprobouse por unanimidade de todos os grupos o convenio da depuradora coa Deputación,  Desde a oposición, grupos como PSOE ou Veciños de Taboadela deron a súa aprobación tras a promesa de que se abaratarían os custes. 


NOVO XUÍZ DE PAZ


En derradeiro lugar, deuse a coñecer a elección do novo xuíz de paz municipal, que será Gerardo Quintas Blanco, quen xa fora nomeado para este cargo en xaneiro de 2015. Como substituto escolleuse a Miguel Saeta. O PSOE e o concelleiro independente abstivéronse, mentres que VE-TA votou en contra, argumentando que o gañador e a súa empresa "fan traballos para o concello", polo que non sería "ético". 

Te puede interesar