A cadea de televisión ocupará o Xardín Xaponés para dar conta, minuto a minuto, dos resultados, con entrevistas e valoracións en directo

Telemiño, a atalaia electoral

Telemiño dará especial cobertura hoxe ás eleccións. Dende as 19:00 horas e ata pasada a medianoite emitirá un programa en directo no que se seguirá a actualidade da xornada, con inmediatez e análisis segundo se vaian facendo públicos os datos. O Xardín Xaponés voltará a ser o esceario elexido para a ubicación do set polo que ao longo da noite irán pasando diferentes convidados, además dos propios protagonistas da xornada. Nora Sola e Santiago Rodríguez serán os conductores do espazo dirixido por Laura Vázquez e Marcos Conde, no que os propios candidatos comprometéronse a abrir a quiniela que fixeron no Punto Crítico.
Enrique Martí Maqueda conversará en diferentes momentos con Vicente Alonso, Francisco Nóvoa, César Ansias, Xosé Lois González, Xan Rodríguez e Iago Tabarés. O reconto de votos seguirase con Tareixa Paz, Alberto Fidalgo, Celso Delgado, Xosé Carballido, Laura Seara, José Araújo, Xesús Vázquez, Miguel Fidalgo e Xosé Manuel Pérez Bouza. E coñecido o resultado, Rosendo Fernández, Francisco Rodríguez e Isabel Pérez teñen comprometida a súa visita.


NAS SEDES

Quique Rodríguez, Xavier Martiñá e Eva Rodríguez Casas estarán nas sedes dos partidos, pero non todo será contido estrictamente político. Marina Sánchez, presentadora de El Rompecabezas, adicará aos candidatos un fragmento literario elexido tendo en conta a personalidade de cada un deles. Algo moi similar fará Fernando López-Moura, o responsable de Musicalité, pero el agasallará aos políticos cunha canción para cada un.

Paco Gallego, de Boca a Boca, e Antía Lago e Paula Arnal, de Weekend, darán un repaso ao estilismo dos aspirantes, e Rosa Diéguez e Laura Domínguez, do programa 'No te rayes', encargaranse da parte máis social desta organización.

Sonia Torre, xerente de La Región Internacional, falará de voto emigrante e Camilo Ocampo , sibdelegado do Goberno en Ourense, de incidencias e do acontecido na xornada no ámbito da seguridade. Asimesmo, o grupo ourensán Mitocondrias porá a nota musical ó programa.

Poden seguir a cobertura de Telemiño en directo por internet en www.teleminho.com

Te puede interesar