MAXIA

Terra Máxica pecha este fin de semana a súa primeira edición

O domingo, Dani García estará ás 18,00 horas na Casa da Cultura de Allariz e o Mago Teto presentará 'Telexenias' no centro cultural Avenida de A Rúa, ás 18,30 horas

O programa Terra Máxica, que promove funcións e encontros de maxia desde o pasado día 1 de abril en escearios de seis concellos da provincia -Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Verín e Viana do Bolo-, chega este vindeiro fin de semana ó seu remate.
O próximo venres, ás 19,00 horas, a Casa da Cultura de Barbadás acolle o espectáculo 'Volta á Maxia', de Dani García. 

O sábado, o colegio María Inmaculada de Verín recibirá ás 19,00 horas ó Maco Paco e a súa obra 'Hocus Pocus'. Tamén o sábado, ás 19,00 horas, Fran Rei ofrecerá 'A historia de Brancafror" no local social Aira de Arriba, de Baños de Molgas.

O domingo, Dani García estará ás 18,00 horas na Casa da Cultura de Allariz e o Mago Teto presentará 'Telexenias' no centro cultural Avenida de A Rúa, ás 18,30 horas.

Te puede interesar