Unha tese doutoral analiza os usos dos móbiles

Un usuario usando el teléfono móvil.
photo_camera Un usuario usando el teléfono móvil.
No estudo sobre o uso do móbil participaron 36 adolescentes e 16 familias, ademais doutros en centros de menores, 48 profesores de Secundaria e 106 educadores sociais que responderon sobre impresións de 20 aplicacións móbiles e 2000 noticias de xornais dixitais

A educadora social Sara Martínez analizou, na súa tese doctoral, o impacto dos teléfonos intelixentes entre as e os adolescentes desde unha perspectiva socioeducativa. No estudo participaron 36 adolescentes e 16 familias, ademais doutros en centros de menores, 48 profesores de Secundaria e 106 educadores sociais que responderon sobre impresións de 20 aplicacións móbiles e 2000 noticias de xornais dixitais. 

Entre os resultados positivos a investigadora destaca o desenvolvemento de actividades recreativas e comunicativas a través do uso de aplicacións móbiles, sobresaíndo as redes sociais.  Martínez sinala que “as e os adolescentes melloran o seu autocontrol, motivación, así como a regulación emocional”, e engade que o uso do “smartphone” está fundamentalmente asociado a patróns de prácticas beneficiosas. 

Pola contra, comenta “o efecto daniño que pode provocar na deterioración da saúde das e dos adolescentes” como estrés e condutas de dependencia e/ou adicción derivadas do “sexting” ou os xogos de azar.

Te puede interesar