Os Veciños de Piñor melloran o acceso ó seu cemiterio

Os veciños de Coiras, no Concello de Piñor, inauguraron onte o recén remodelado cemiterio parroquial de San Xoán de Coiras. O recinto tiña un acceso difícil para as persoas con mobilidade reducida, polo que os feligreses decidiron pedir os permisos necesarios e correr cos gastos do acondicionamento. Despois de recaudar os cartos de todos os veciños que teñen propiedades neste cemiterio, tres albañiles da parroquia foron os encargados de levar a cabo as obras.
Unha vez rematadas, organizouse a inauguración, cunha misa na igrexa e ó remate un acto de homenaxe á xente da localidade, e tamén unha degustación de pinchos gratuíta.

Desta maneira, asistiron todos os veciños de San Xoán de Coiras e o alcalde de Piñor, Francisco José Fraga, entre outras autoridades.

Aínda que os feligreses foron os artífices das melloras, o Concello tamén colaborou cunha axuda económica.

Te puede interesar