LETRAS GALEGAS

A guía para hoxe en toda a provincia

A provincia conmemorará hoxe  o Día das Letras Galega e homenaxeará a Carlos Casares con ducias de actos

A provincia conmemorará hoxe  o Día das Letras Galega e homenaxeará a Carlos Casares con ducias de actos. Os máis significativos terán lugar en Xinzo, que se convertirá na capital da cultura galega ao concentrar os tradicionais actos institucional e académico. Ás 11,30 horas celebrarase o da Real Academia Galega, no salón de plenos do Concello, baixo a presidencia do titular da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e do titular do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

Ás 13,30 horas terá lugar o acto institucional na Praza Carlos Casares, no que intervirán o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; e o fillo de Carlos Casares Hakan Olof Casares. Ao longo de todo o día a vila do Limia acollerá un amplo programa de actividades culturais e festivas.

RAIGAME EN CELANOVA
Outra cita tradicional para hoxe é Romaría Raigame de Vilanova dos Infantes, con feira e demostracións de artesáns, misa, homenaxe ao Museo do Pobo Galego, exposicións, teatro, ambientación musical, cine e música popular polas rúas do conxunto munumental.

VERÍN, PREMIOS
O Auditorio Municipal será o escenario da Gala dos Certames Literarios do Día das Letras.

RIBADAVIA
O contacontos infantil "Os xoguetes de Clío" chegará á Praza Maior a partir das 12,30 horas e ao seu remate repartirase o libro "A galiña azul", de Casares.

O BARCO DE VALDEORRAS
Na Praza do Concello celebrarase ás 11,30 horas un maraton de lectura e ás 20,00 horas, na Praza Maior, o grupo Xardín Desordenado presentará un concerto homenaxe a Carlos Casares.

A RUA
O Centro Cultural Avenida será escenario, a partir das 20,00 horas, do Festival das Letras.

TRIVES
Pola mañá haberá a Ruta Camiñando polas Letras e ás 20,00 horas, un acto cultural no Auditorio Julio Vázquez.

VIANA
A partir das 17,00 horas, homenaxe a Casares e xogos populares na Praza Maior.

Te puede interesar