O XIV concurso fotográfico Rosa Pons, de Parada de Sil, premia o talento brasileiro

photo_camera Foto titulada “O Brasil da AÇAÏ”, de Eduardo Moody Silveira.
Máis de 850 fotos optaron aos premios nas dúas categorías

Despois dun longo traballo de análise das 772 fotos presentadas, o xurado do concurso fotográfico Rosa Pons, composto por Luís Baños, Fernando Sacó e Xosé Antón Vázquez, emitiu o seu fallo. A foto gañadora da sección de Visións de Parada de Sil foi “Unha Xanela á Natureza” do fotografo de Barbadás José Manuel Novoa Blanco ó que lle corresponde un premio de 800 euros quedando en segundo lugar a foto “ Mar de Neboa” do fotógrafo ourensán Victor Manuel Fernández Díaz cun premio de 300 euros.

Unha Xanela á Natureza” do fotografo de Barbadás José Manuel Novoa Blanco. 

Nesta sección presentáronse 90 fotos das cales a maior parte foron de Ourense.

No tema libre o gañador foi Eduardo Moody Silveira de Bahía, Brasil, coa foto titulada “ O Brasil da AÇAÏ” que recibirá un premio de 700 euros, queando en segundo lugar o gaditano Francisco Javier Domínguez coa foto titulada “Quietud” cun premio de 200 euros. Salienta o xurado que a parte de presentarse fotos de todas a comunidades autónomas, tamén cidadáns de Colombia, Brasil, Cuba, Romanía, México e Mozambique. "Isto amosa que o concurso está totalmente consolidado", sinalan.

O alcalde Aquilino Domínguez agradeceu o traballo desinteresado do xurado e tamén quiso dar as gracias unha vez máis o empresario de Parada de Sil, afincado en Barcelona, Camilo Yañez o finanzamento dos premios.

O acto de entrega de premios terá lugar no salón de plenos do concello o día 26 de agosto ás 19 horas.

Te puede interesar