Xogo de San Fermín na Ludoteca de Verín, o luns

O vindeiro luns 9 de xullo, a Ludoteca Municipal do Concello de Verín organiza, coincidindo coa festividade en honra a San Fermín, unha xornada de xogos para o centenar de nenos integrantes deste servizo de conciliación.
Durante o Xogo de San Fermín, as monitoras do servizo non só lles explicarán aos menores a historia desta festa senón que programarán unha representación teatral que amose o tradicional 'chupinazo'. Ademais no mesmo, no que os nenos teñen que ir vestidos de branco e cunha pañoleta vermella, terá lugar a realización de sete probas lúdico-educativas relacionadas con San Fermín e un 'encerro'.

Esta iniciativa é unha das realizadas no servizo da Ludoteca Municipal durante estes meses, como a recente campaña 'Ponlle as pilas ao teu bocata' ou o desfile da Ludobatucada, destinado conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores. Obradoiros educativos e lúdicos de igualdade e coeducacións, son algunhas das actividades ofertadas pola Ludoteca de Verán.

Te puede interesar