As Xornadas Interxeracionais do Campus cumpren 10 anos

As Xornadas Interxeracionais chegan á súa décima edición cunha homenaxe á iniciativa 'Ponte... nas ondas!' -que acadou a segunda década de vida- enchendo de actividades o Edificio Politécnico do Campus durante todo o día de mañá. A proposta central é a gravación dun programa 'radiovisual' conducido por Xurxo Souto e no que actores e portadores da cultura popular terán un papel destacado para que os universitarios e escolares da cidade poidan tomar nota dos seus maiores. Agardando a que a chuvia o permita, os organizadores tamén teñen prevista unha festa da regueifa e unha 'batalla' de almofadas no Parque de San Lázaro. <
nas ondas!' -que acadou a segunda década de vida- enchendo de actividades o Edificio Politécnico do Campus durante todo o día de mañá. A proposta central é a gravación dun programa 'radiovisual' conducido por Xurxo Souto e no que actores e portadores da cultura popular terán un papel destacado para que os universitarios e escolares da cidade poidan tomar nota dos seus maiores. Agardando a que a chuvia o permita, os organizadores tamén teñen prevista unha festa da regueifa e unha 'batalla' de almofadas no Parque de San Lázaro.

O programa das Xornadas Interxeracionais manterase o xoves na Praza Maior de Ourense, arrincando coa lectura dun manifesto e seguindo con xogos cooperativos entre maiores e pequenos, tanto alí coma no Xardín do Posío. As actividades clausuraranse cunha merenda festiva á noitiña dese mesmo día.


MANTER A CULTURA POPULAR

A décima edición da iniciativa foi presentada no Concello pola concelleira de Educación, Ana Garrido; a vicerreitora do Campus Universitario, María Lameiras, e os organizadores Marisa Justa e Xosé Manuel Cid. O docente ourensán explicou na súa intervención que o obxectivo das xornadas é 'reivindicar a cultura popular e nada mellor que as escolas para mantela viva'. Deste xeito, arredor de 400 escolares da cidade, procedentes de diferentes centros educativos, participarán activamente nas actividades propostas.

Te puede interesar