Xunta e Concello de Riós asinan un convenio para o acondicionamento do acceso a Romariz

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou un convenio de colaboración co alcalde de Riós, Francisco Veiga Romero, para o acondicionamento dos accesos ao núcleo de Romariz, no citado municipio ourensano.
Este proxecto, enmarcado no Plan Hurbe, consta dunha inversión de 41.300 euros, dos que a Xunta de Galicia achega o cen por cento do importe.

As actuacións centraranse na reparación e mellora dos accesos ao núcleo de Romariz dado o seu actual estado, que presenta numerosos danos no firme e asfaltado pola intensidade de circulación de vehículos existente.

No treito I (170 metros) realizarase un levantado do vial actual con retirada de entullos e entulleira e nova reconstrución con firme novo. No treito II (930 metros) executarase a reparación de fochas e tratamento asfáltico superficial.

O Goberno galego ten dentro dos seus obxectivos principais conseguir a mellora da calidade de vida dos cidadáns, neste caso dos habitantes do rural galego, polo que a Consellería de Medio Ambiente desenvolve, dentro do Plan Hurbe 2010-2014, unha serie de actuacións como a mellora dos ámbitos urbanos, a posta en valor de determinados inmobles, a creación de novos espazos públicos ou a reposición de servizos, entre outras.

Te puede interesar