A Xunta oponse ó parque de reciclaxe de Carballeda

O portavoz do PP de Carballeda de Avia, Lorenzo González, mantivo unha reunión co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para tratar temas de importancia para o municipio, entre eles o parque medioambiental que o Goberno bipartito e o alcalde tiñan pensado executar. Según explicou Lorenzo González , o conselleiro subliñou que 'a Xunta oponse ó proxecto orixinal do parque medioambiental e a calquera outro proxecto similar que supoña un prexuízo para os veciños e os recursos da zona'.
Hernández engadiu que o alcalde, o socialista Luis Milia, 'é libre de urbanizar a zona con cargo ós recursos municipais', pero que terá que contar cos informes de Medio Ambiente á hora de establecer calquera tipo de industria. Por outra banda, o voceiro 'popular' propuxo ó conselleiro que a Xunta merque a Xestur as 11 vivendas de Carballeda que están sen adxudicar para que sexan de promoción pública e poidan ofertarse ós interesados.

Te puede interesar