GASTRONOMÍA

O xurado do Sabores de Outono premia ao restaurante San Miguel

Os pinchos do Tapa Negra e A Feira recibiron o segundo e terceiro premio. 

O xurado do Sabores de Ourense recoñeceu ao pincho do San Miguel (A vieira de Outono) coma o mellor desta edición do Sabores de Outono. Na xuntanza, que se celebrou esta tarde no restaurante A Taberna, tamén premiouse ás creacións do Tapa Negra (Iberotoño) e A Feira  (Capuchino de cogomelos). 

O certame, na súa novena edición, desenvolveuse desde o día 28 de outubro ata o 13 de novembro coa participación de 49 establecementos da cidade (13 deles participaban por primeira vez).

Os premios oficiais do concurso son os 3 outorgados polo xurado profesional, os 3 concedidos polo público e o Premio Pincho Celíaco, outorgado pola delegación ourensá Asociación Galega de Celíacos, ao que optan todos os pinchos que non empreguen glute na súa elaboración.

Te puede interesar