'Os Bolechas' percorren o Camiño de Santiago

A directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, cós Bolechas. (Foto: LAVANDEIRA JR)
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, presentou onte en Santiago a nova publicación infantil creada por Pepe Carreiro sobre 'Os Bolechas'.
Nesta ocasión, os personaxes infantís percorren o Camiño de Santiago e móstranlles aos máis pequenos a importancia desta ruta de peregrinación para a nosa cultura e tamén os valores que se poden adquirir percorrendo os camiños de Santiago. Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, o novo libro 'Os Bolechas, o Camiño de Santiago' é unha forma didáctica e entretida de aprender o verdadeiro significado da peregrinación, o motivo por que miles de persoas se achegan cada ano a Compostela.

O libro inculca ademais o respecto pola natureza e polo patrimonio artístico e cultural que posuímos para poder transmitírllelo ás xeracións vindeiras. Segundo comentou a directora de Turismo, Nava Castro, a través desta publicación os nenos poden descubrir que existe esta aventura e que eles mesmos poden percorrer o Camiño de Santiago.

Te puede interesar
Más en Sociedad