¡Buone visioni!

“Círculo pechado”: un thriller ético

Círculo pechado.
photo_camera Círculo pechado.

Steven Soderbergh é un cineasta, director de fotografía e produtor brillante e versátil. Empezou a súa carreira no cine documental coa obra musical Yes: 9012 Live (1985) para logo debutar na ficción coa premiada película Sexo, mentiras y cintas de video (1989). Na súa extensa filmografía, alternou películas de acción como Ocean’s Eleven (2001) ou Ocean’s Twelve (2004) a outras de xénero policíaco como Traffic (2000) ou dramas cunha importante compoñente social e de investigación como Erin Brockovich (2000). Del, moitos espectadores recordarán polo menos a Contagio, unha profética película do 2011 que volveu a poñerse de moda durante a pandemia.

A nivel argumental as obras de Soderbergh están caracterizadas pola coralidade do relato e polas historias cruzadas. Na maioría dos casos baixo o xénero do thriller, Soderbergh aborda temas de profunda actualidade. E non é a primeira vez que Soderbergh elixe o formato serial, The Nick e a serie interactiva Mosaic, son dous exemplos.

Círculo cerrado é a súa última creación, unha miniserie de 6 capítulos escrita xunto con Ed Solomon e que acaba de estrearse por completo en HBO Max. Círculo cerrado é unha especie de variación de la película El inferno del odio (1963) de Kurosawa. En esta serie tamén hai un secuestro falido que desata unha investigación que revelará unha serie de secretos. Pero esta vez a historia está ambientada principalmente na cidade de Nova York onde se move a mafia de Güiana. As mafias organizadas introducen aos inmigrantes güianeses en Estados Unidos de forma ilegal, coa promesa dun traballo e pagando por adiantado a viaxe. Finalmente, unha vez en territorio estadounidense, estes gastos acaban converténdose nunha débeda coa criminalidade organizada. Os inmigrantes están obrigados a extinguilos exercendo nun dos ámbitos da mafia, principalmente na prostitución e a compravenda de droga.

Soderbergh e Solomon sérvense do thriller para confeccionar un drama cun alto valor ético. Abre unha xanela sobre unha organización criminal pouco coñecida e os seus rituais ancestrais, ademais de condenar directamente ao capitalismo salvaxe.

Cámara a man, Soderbergh introdúcenos nesta realidade e desde diferentes puntos de vista, enredando cada vez máis o espectador ata o revelador capítulo final.

Dennis Quaid repite co director despois de Traffic mentres Claire Danes ou Timothy Olyphant debutan no seu mundo. A actriz Zazie Beetz xunto con Jharrel Jerome e Christian Miranda completan un reparto de actores e actrices notables. Circulo Cerrado é unha drama de intriga honesto, libre de efectos especiais, e a súa fortaleza radica nun guión sólido, nunhas boas interpretacións, e no oficio do seu director.

Te puede interesar
Más en Sociedad