O programa da TVG contará esta noite coa colaboración do presentador de ‘Pensando en ti’

Marcial Bouzo cambia un día a radio pola televisión para participar en ‘Comando Chef’

Marcial Bouzo, conductor de ‘Pensando en ti’.
Marcial Mouzo cambiou por un día a radio pola televisión para participar en ‘Comando Chef’, o programa da TVG na que se ofrece a posibilidade de cear cun famoso. Unha vez máis, a improvisación e imaxinación foron básicas para facer a cea.
Leva 12 anos acompañando a miles de galegos nas madrugadas. Marcial Mouzo, conductor do programa ‘Pensando en ti’, da Radio Galega, é esa voz que escoitan os que sufren insomnio, traballan de noite ou son incapaces de durmir se non é coa banda sonora da radio. Unha das súas seguidoras é Magdalena. Por iso, quedou máis que sorprendida cando os integrantes do ‘Comando Chef’ se presentaron na súa casa decíndolle que había que preparar unha cea en 60 minutos porque ía presentarse a comer un dos seus ídolos, que resultou ser Marcial Mouzo.

‘Foi unha experiencia moi bonita aínda que a señora estaba moi nerviosa. Coñecíame fisicamente pero supoño que lle impactou que me presentase na súa propia casa’, explicou Mouzo. ‘E que eu durmo tódalas noites contigo dende hai moito tempo’- espetoulle Magdalena- ‘e co meu marido, claro’. Por iso, o protagonista da conversa entre a muller e Mouzo non podía ser outro que o seu propio programa que, por certo, deixará de facer ‘porque está moi canso da noite’.

Menú especial

‘Comando Chef’ emitirase esta noite na Televisión de Galicia ás 21,40 horas. Como é habitual, e antes de que chegue o convidado, a comandante Isabel Blanco; o xefe de cociña, André Arzúa e o xefe de sala, Rafa Durán, serán os encargados de por todo a punto para a gran cita. Nesta ocasión, o menú estará formado por roliños de xamón con vinagreta, polo con laranxa e milo e crema de turrón. Todas unhas ‘delicatessem’ coas que compartir unha boa conversa.


Te puede interesar
Más en Sociedad