Premio para o colectivo Fillos e Amigos da Estrada

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou onte na entrega dos XXI Premios San Martiño de Normalización Lingüística. Os Premios San Martiño recoñecen o compromiso coa lingua galega en tres modalidades.
O colectivo Fillos e Amigos da Estrada foi o galardoado polo traballo a prol do galego na comarca de Tabeirós-Terra de Montes. A súa actividade cultural, artística e socioeconómica crea un espazo de encontro entre os veciños que favorece a cohesión social e que contribúe ao benestar de toda a comarca e á difusión do galego.

Te puede interesar