Que siga o espectáculo

Una serie sobre la NBA.
photo_camera Una serie sobre la NBA.
"Tiempo de victoria" pon os focos sobre unha das épocas gloriosas da NBA, a finais dos anos setenta e os principios dos oitenta, cando o ‘showtime’ dos Los Angeles Lakers irrompeu na escena revolucionando por completo o concepto de entretemento e levándoo á modernidade

"Tiempo de victoria" estrea a súa segunda tempada en HBO Max. É un grande acontecemento para os fans do baloncesto – e non só – que disfrutarán de novos capítulos dunha das mellores series deportivas de ficción ata o día de hoxe. Tamén nesta nova tempada de Tiempo de victoria o espectáculo está asegurado. 

A serie pon os focos sobre unha das épocas gloriosas da NBA, a finais dos anos setenta e os principios dos oitenta, cando o ‘showtime’ dos Los Angeles Lakers irrompeu na escena revolucionando por completo o concepto de entretemento e levándoo á modernidade. Se a primeira tempada centrábase sobre o nacemento desta filosofía empresarial que misturaba un xogo rápido e atractivo no campo e un marketing vangardista lonxe da cancha, estes novos capítulos focalízanse nos anos seguintes e na rivalidade histórica entre Earvin ‘Magic’ Johnson e Larry Bird. Este último, que na primeira tempada da serie tiña un papel máis marxinal, aquí toma protagonismo. Hai un capítulo biográfico moi emotivo onde se investigan as súas orixes humildes e a relación co seu pai, un verán da ‘guerra esquecida’ de Corea, con problemas de alcolismo e morto suicida cando Bird tiña 19 anos. Pero Tiempo de victoria segue sendo sobre todo unha serie coral. A vida de cada un dos protagonistas está contada con empatía e riqueza de detalles. Os altos e baixos da fama, as primeiras consecuencias do libertinaxe desenfreado de Magic Johnson, o despido de Paul Westhead e a promoción de Pat Riley, ademais da vida de Larry Bird, ocupan un espazo igualmente fundamental nestas novas narracións. 

O creador da serie, Adam McKay, volve resucitar unha década de espectáculo dentro e fora do campo coa mesma posta en escena impecable, mesturando diferentes formatos, dende o celuloide, pasando polo vídeo dixital e o super-8, creando un resultado moi cativador e orixinal. A videoreportaxe e as falsas gravacións caseiras manteñen o pulso dunha narración frenética mentres os personaxes falan á cámara rompendo todas as convencións dunha narración máis tradicional. A segunda tempada de Tiempo de victoria confirma que un dos maiores méritos desta serie está no seu carácter formal. Por exemplo - só por citar unha destas escenas maxistrais - o plano secuencia simulado ao final do capítulo 6, onde os equipos rivais dos Celtics e dos Lakers fusiónanse nun único movemento de cámara, é un excelente recurso formal para resumir os playoff das dúas conferencias e remarcar como ambos equipos son en realidade a cara dunha mesma moeda. 

Por outro lado hai sempre un guión solido e un reparto de actores excelente que vai desde John C. Reilly pasando por Adrien Brody, Jason Clarke, Sean Patrick Small, Jason Seguel e Hadley Robinson, entre outros. Tiempo de victoria podería valer tanto como documento histórico – aínda que sexa unha ficción – así como un puro entretemento. A segunda tempada segue mantendo super alto o listón da primeira. Cada capítulo é unha xoia para os ollos e un goce para os nostálxicos dunha das épocas máis douradas da NBA. Non a perdades.

Te puede interesar
Más en Sociedad