Crónicas de agora e sempre

De soprano liceísta á aristocracia en Lisboa

Dorinda
photo_camera Dorinda Rodríguez Nóvoa
Esta é unha breve historia de Dorinda Rodríguez, unha humilde e descoñecida ourensá que comezou a destacar no canto no Liceo-Recreo, percorreu os principais teatros de España, México, Cuba e Portugal e acabou integrada na aristocracia lisboeta

Corría o ano 1877 cando, a dicir do cronista José Adrio Menéndez, a sociedade ourensá acostumaba a asistir con frecuencia ó "teatrillo" do Liceo-Recreo, onde sobresaía "una hermosa orensana de poco más de 16 abriles", chamada Dorinda Rodríguez Nóvoa, e "poseedora de una clara intución para la música y la escena", porque xa se albiscaba "en la incipiente artista, a más de fina desenvoltura, una voz con cadencias singulares y una sensibilidad exquisita, característica de su manera de ser y primordial para culminar en el arte".

Características, estas, das que xa se fixera eco con anterioridade El Heraldo Gallego, con motivo da reapertura do teatro do Liceo-Recreo, logo de ter permanecido catro anos pechado: "La joven Dorinda Rodríguez estuvo a una envidiable altura, cantando con verdadero sentimiento una canción en la pieza 'Un loco cuerdo y un cuerdo loco”.

O Teatro Liceo-Recreo estaba noutro edificio alleo ó actual pazo dos Oca Valladares, que recolle a imaxe.

O Teatro Liceo-Recreo estaba noutro edificio alleo ó actual pazo dos Oca Valladares, que recolle a imaxe.

NACE UNHA SOPRANO

1891_03_12 La Saeta_Dorinda Rodríguez ilustración de portada_Página_01 (1)

Comezaba a nacer así unha estrela local, que, sen embargo, precisaba dunha formación técnica que depurase as súas indiscutibles dotes naturais, polo que un grupo de socios do Liceo propuxo que "se den por cuenta de esta sociedad, lecciones de música a la socia de mérito", encargándolle tal cometido ó pianista José Rodríguez.

Pero as "dotes artísticas" da moza superaban con moito as posibilidades do ocasional profesor, polo que "a costa de no escso sacrificio" decidiu trasladarse a Madrid "donde consiguió completar sus estudios de canto, con profesores de renombre".

Nacía así unha "soprano ligera" cun timbre que "sin ser voluminoso, destacaba por el matiz delicado, formando un conjunto de altos valores que hicieron de Dorinda una de las artistas de más mérito de su época".

Unha "tiple", como era cualificada polos xornais da época, que empeza a destacar en Oporto, tal como reproduce a "Crónica de Pontevedra" do 26 de decembro de 1887 ("los periódicos de Oporto hacen grandes elogios de la distinguida tiple gallega, Dorinda Rodríguez, que se halla actuando en aquella población), pouco antes de que o día 21 de marzo do ano seguinte a declaración dun devorador incendio no Teatro Baquet desa cidade estivese a piques de lle custar a vida.

Superada esa tráxica experiencia vital, Dorinda decide volver ó pais, abrindo así unha nova década na súa vida que pode ser seguida por multitude de cabeceiras xeneralistas ou especializadas, que se van facendo eco dos seus éxitos -e tamén dalgúns fracasos por moi diversas cidades españolas.

Así, "La España artística" ubícaa o 15 de xaneiro de 1890 en Cádiz, representando a zarzuela titulada "La colegiata" (desde el primer minuto captó la señora Dorinda, las simpatías del públilco), o 8 de marzo "La Dinastía" lozalízaa no Teatro Circo da Praza de Cataluña barcelonesa, mentres que o 15 de marzo "La España artística" rexístraa en Jerez de la Frontera, onde denuncian o seu incumplimento do contrato, para recalar en xullo en Madrid, no Teatro Eslava co marchamo de ter gozado de grande popularidade en Portugal.

De aí ó Teatro da Zarzuela mediou tan só un paso, non sen ter deixado de visitar tamén Sevilla, Málaga e outras moitas capitais de provincia como primeira "tiple" dunha compañía que ademais de todo o equipo músico-actoral presumía de contar cunha orquestra de 40 profesores e 50 coristas "de ambos sexos".

Unha afonía inoportuna en Cartagena xenéralle problemas de voz e un regreso repentino a Madrid, onde planifica o seu salto ó outro lado do océano, rexistrando durante dous anos estadías en Mexico e La Habana, ata que en 1896 o xornais volven facerse eco da súa presencia en España, "después de haber regresado de Cuba"

Te puede interesar