A banda Def con Dos actuará no festival Arteficial

A organización do festival Arteficial, que se celebrará en Ribadavia os días 15 e 16 de agosto, confirmou a participación de unha nova banda para a súa octava edición: Def con Dos, que presentará o seu formato “Def con Dos sound sistem Dos tenores Def”, formado por tres dos seus compoñentes facendo gala dos seus míticos temas.

Este formato aparece como celebración do 25 aniversario de “Primer asalto” (Demo 1989) e promete un concerto único, con temas rescatados que non teñen cabida no repertorio electrónico actual da banda. Xunto a Havalina, Cró!, Uppercut e os gañadores do concurso de grupos galegos, Colectivo Bomba, forman o cartel provisional do Arteficial 2014. Ainda quedan outras cinco bandas por confirmar, segundo apunta a asociación que leva o nome do mesmo festival e que se encarga da súa organización.

Te puede interesar