EL TIEMPO

Miércoles pasado por agua

As temperaturas non terán cambios, por seguirano con valores baixos para a época do ano

Galicia continuará durante a xornada do mércores baixo a influencia das baixas presións localizadas ao norte da Península Ibérica polo que a inestabilidade será predominante.

Así, segundo a información de MeteoGalicia, que depende da Consellería de Medio Ambiente, será unha xornada de ceos parcialmente anubrados, con chuvascos xeneralizados, ocasionalmente acompañados de aparato eléctrico.

As temperaturas non terán cambios, por seguirano con valores baixos para a época do ano. Pola súa banda, os ventos soprarán de compoñente oeste moderados rolando a noroeste pola noite.

Te puede interesar