DÍA DA POESÍA

A Caniceira levou o seu Roteiro Poético a Trives

Inicio de la lectura de los poemas (foto: R.M.)
photo_camera Inicio de la lectura de los poemas (foto: R.M.)
O inicio da rúa Otero Pedraio, co panel que marca a entrada na vila de Trives, foi o punto elexido para dar comezo ao segundo roteiro poético da asociación cultural A Caniceira

En cada unha das paradas, os membros do grupo de teatro da asociación interpretaban tres obras poéticas elexidas por eles mesmos. Un total de seis paradas, permitiron que o público asistente gozara de preto de vinte obras de recoñecidos escritores, tanto en galego como en castelán.

Con esta actividade, que daba comezo arredor das 18,00 horas e finalizaba preto das 19,00 horas, a Caniceira quixo dar a súa particular homenaxe ao Día da Poesía, por segundo ano consecutivo.

Desde a asociación manifestaban o agradecemento aos veciños que se animaron a acompañalos, “sabemos que a poesía non é algo que a todo o mundo lle guste e ver que arredor de trinta persoas nos xuntamos en cada praza escoitando as diferentes interpretacións é moi gratificante”, sinalaban, engadindo que xa quedaran emprazados para o terceiro roteiro.

Te puede interesar